Daniel Vega invita á oposición a visitar A Mariña para comprobar “o traballo que aquí se fai co eucalipto, de xeito ordenado e creando riqueza e emprego”

Santiago, 10 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega invitou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición, “que tanto critican o eucalipto, a visitar a comarca de A Mariña para comprobar o traballo que aquí se fai con esta especie arbórea, de xeito ordenado, cun monte limpo e creando riqueza e postos de traballo”.

Continue reading

O Parlamento solicita a introdución das novas tecnoloxías e drons nas tarefas de vixilancia e control do furtivismo no mar

Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda que a Xunta continúe a actual liña para combater o furtivismo no mar, introducindo na medida das posibilidades os avances que as novas tecnoloxías nos ofrecen, como é o caso dos drons, para as tarefas de vixilancia e control.

Continue reading

O Parlamento demanda apoio do Goberno central e Xunta para estender ata Tánxer a autopista marítima de Vigo

Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta, apoiando a proposta da Autoridade Portuaria de Vigo, a demandar do Goberno do Estado e da Unión Europea a axilización dos trámites necesarios para lograr estender ata Tánxer a actual autopista marítima que une Vigo coa cidade gala de Nantes.

Continue reading