Puy avoga porque na Comisión sobre política forestal e incendios “sexamos capaces de facer un plan a longo prazo, asumido por todas as forzas políticas e coa implicación de todas as administracións”

Santiago, 13 de novembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque na Comisión parlamentaria de estudo sobre a política forestal e os incendios forestais, “que mañá proporemos na Xunta de Portavoces, sexamos capaces de facer un plan a longo prazo, asumido por todas as forzas políticas e coa implicación de todas as administracións”.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a regular os convenios e protocolos de colaboración intermunicipais en materia de policía local e do servizo de protección civil

Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a establecer un marco que regule os convenios e protocolos de colaboración intermunicipais de axuda mutua en materia de policía local, así como favorecer as posibles asociacións de concellos para o desempeño mancomunado do servizo de protección civil.

Continue reading