O PPdeG defende respectar a autonomía municipal do Concello de Baiona na tramitación do Plan Especial de As Costeiras

Santiago, 12 de decembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, avogou hoxe por respectar a autonomía das competencias municipais na decisión do Concello de Baiona no caso da tramitación da avaliación ambiental estratéxica do Plan Especial de dotación de infraestruturas As Costeiras. “A Xunta só pode esixir que se cumpra estritamente a normativa ambiental e sectorial desta aplicación e, por suposto, garantir que non existe conflito con intereses do dominio público hidráulico”, apuntou.

Martín Fernández asegurou que “o abastecemento á poboación está por enriba de todos os usos, aspecto recollido non só nos plans hidrolóxicos de cada conca, senón tamén na propia Lei de augas”.
 

INFORME DA XUNTA

“En ningún caso se pode ver afectado o abastecemento á poboación por un novo uso que se vaia desenvolver, debendo analizarse previamente ao outorgamento da concesión a existencia de recurso abondo e o posible impacto que a nova actividade pode producir nas masas de auga da conca”, apuntou.

Neste sentido, o portavoz popular explicou que a Xunta ten emitido un informe sobre a tramitación da avaliación ambiental estratéxica do Plan especial de dotación de infraestruturas As Costeiras de Baiona no que sinala que debe quedar garantido o abastecemento de auga, o saneamento e a xestión das augas pluviais; se deben facer os mínimos desmontes e terrapléns; e se debe respectara circulación da fauna e evitarse a fragmentación de masas vexetais.

Fernández Prado sinalou que “agora queda que o Concello remita á Xunta o estudo ambiental estratéxico do plan especial, no que deben incorporar os resultados da consulta pública e as consideracións ambientais”.

“En definitiva, a Xunta non entra a decidir a necesidade ou non dunha determinada infraestrutura deportiva nun concello, defendendo a competencia municipal aínda que se compartan ou non as resolucións municipais”, afirmou.

O Parlamento demanda á xunta o impulso do cohousing ou as vivendas con equipamentos colectivos para persoas maiores

Santiago, 12 de decembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación dunha proposición non de lei no Parlamento a través da que se demanda á Xunta a promover e impulsar formas alternativas de vivenda para as persoas maiores, como o cohousing ou as vivendas con equipamentos colectivos, nas que se fomente o envellecemento activo e se proporcione ás persoas maiores o pleno control sobre os espazos que habitan e o modo en que queren envellecer.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a implantar medidas para a mellora da seguridade viaria de peóns, ciclistas e motoristas nas estradas autonómicas

Santiago, 12 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a implantar medidas deseñadas para a mellora da seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables nas estradas autonómicas, como peóns, ciclistas e motoristas, habilitando sendas, instalando sistemas de protección dos motoristas, eliminando obstáculos e promovendo accións de formación e sensibilización.

Continue reading

O GPP afirma que a Xunta traballa na construción dun itinerario peonil seguro e continuo desde Pontevedra ata A Lanzada pola PO-308

Santiago, 12 de decembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia “xa está a traballar na mellora da seguridade da estrada PO-308 con actuacións previstas para o vindeiro ano nos concellos de Poio e Sanxenxo”. “Con todas as actuacións previstas, acabarase construíndo un itinerario peonil seguro e continuo desde Pontevedra ata A Lanzada”, apuntou.

Continue reading