O PPdeG critica que a oposición chegue tarde pedindo axudas para os viticultores afectados polas xeadas logo do traballo feito pola xunta desde o mes de abril

Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco criticou hoxe no Parlamento que “a oposición chegue tarde cunha proposición non de lei pedindo axudas para os viticultores afectados polas xeadas do pasado ano porque a Xunta e o Partido Popular veñen traballando desde o pasado mes de abril con medidas de apoio como rebaixas no IRPF, bonificacións á Seguridade Social, préstamos a custe cero ou impulso á contratación de seguros”.

Continue reading

Cerca de 1.300 persoas se beneficiaron da Lei de garantías sanitarias e só a 78 foille ofertado a realización de probas noutro centro sanitario do Sergas

Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, concretou hoxe que “case 1.300 persoas se teñen beneficiado da aplicación da Lei de garantías de prestacións sanitarias, e só a 79 foille ofertado a realización da proba ou a intervención noutro centro sanitario do Sergas”.

Continue reading

O PPdeG salienta que a Lei 1/2012 de medidas temporais no emprego público “permitiu facer fronte á crise e reducir o déficit sen menoscabar a prestación dos servizos”

Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira acusou hoxe a En Marea de pretender derrogar a lei 1/2012 de medidas temporais en determinadas materias de emprego público “que permitiu facer fronte á crise económica e reducir o déficit público para conseguir unha situación de equilibrio sen menoscabar a prestación dos servizos públicos esenciais”.

Continue reading

O pleno do Parlamento aproba a Conta Xeral da Xunta de 2015

Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Conta Xeral da Xunta de 2015. Así mesmo, aprobáronse as resolucións do Grupo Popular, a consecuencia dos informes de fiscalización, para que Galicia continúe a ser unha das comunidades autónomas con maior esforzo inversor, completar a redución da débeda dos entes públicos, seguir reducindo o déficit público e incrementar a transparencia.

Continue reading