O Parlamento demanda que a Xunta busque aliados na defensa dos intereses pesqueiros galegos para abordar os novos retos que xorden co Brexit

Santiago, 8 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a buscar aliados na defensa dos intereses pesqueiros galegos para abordar os noso retos que xorden co Brexit, plasmando no eido europeo as informacións emanadas do grupo de traballo no seo do Consello Galego de Pesca para analizar cada paso que o proceso vaia dando.

Continue reading

O Parlamento aproba, a instancia do GPP e coa abstención da oposición, demandar á Xunta diversas actuacións para avanzar na igualdade de xénero

Santiago, 7 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención de En Marea, PSOE e BNG, a través da que se demanda á Xunta diversas actuacións para avanzar na igualdade de xénero. Porén, a viceportavoz Paula Prado criticou que “a oposición rexeitaran a proposta realizada polo PPdeG, que recollía as liñas xerais das catro proposicións non de lei dos grupos parlamentarios, para acadar un acordo conxunto sobre políticas de igualdade entre homes e mulleres”.

Continue reading

O Parlamento demanda mellorar e ampliar o Programa galego de pacientes polimedicados

Santiago, 7 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a mellorar e ampliar o programa galego de pacientes polimedicados para garantir unha prevención, detección e resolución dos problemas cos medicamentos de forma proactiva, integral e máis efectiva, a través da posta en marcha de estratexias de xestión, da mellora da formación dos profesionais e da implicación dun maior número deles para darlle continuidade asistencial a este tipo de pacientes.

Rodríguez-Vispo indicou que “nas últimas décadas estamos asistindo a un envellecemento progresivo da poboación e unha das consecuencias inmediatas é o rápido aumento de pacientes con múltiples enfermidades crónicas e o aumento do uso dos medicamentos”. “Esta situación é particularmente importante en Galicia, xa que presenta unha poboación máis envellecida e con maior prevalencia de enfermidades crónicas que a media nacional”, apuntou.

“A polimedicación ten importantes implicacións non só na eficacia terapéutica, senón tamén na propia seguridade do paciente”, afirmou a deputada popular. Por este motivo, considerou “importante levar a cabo unha revisión sistemática e periódica da medicación neste tipo de pacientes”, polo que avogou pola “elaboración dun protocolo para esta revisión sistemática e periódica, que paliaría en parte o problema da conciliación que coloca ao paciente nunha situación de risco, tanto no proceso da alta hospitalaria como no tránsito asistencial”.

ESTUDOS DOS PACIENTES

Así mesmo, Marta Rodríguez-Vispo considerou necesario “o estudo do pacientes susceptibles de presentar problemas de seguridade, establecendo a poboación diana non só polo número de medicamentos prescritos aos pacientes crónicos como ata agora, senón aos que teñan prescritos medicamentos que poidan dar lugar a problemas de seguridade e erros de medicación”.

“Entendemos que a ampliación e mellora na atención farmacolóxica a pacientes crónicos e polimedicados en Galicia conseguiría mellorar a calidade e seguridade asistencial, así como un  uso máis responsable da prestación farmaceútica”, manifestou.

O GPP reitera que o proxecto mineiro de Touro-O Pino so recibirá autorización cando cumpra as normas urbanísticas, medioambientais e técnicas

Santiago, 6 de marzo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco reiterou hoxe no Parlamento que o proxecto mineiro de Touro-O Pino “só recibirá autorización da Xunta cando quede totalmente garantido o cumprimento das normativas urbanísticas, medioambientais e técnicas”. Así mesmo, “e para absoluta tranquilidade dos grupos da oposición, o Goberno galego tramitará este proxecto conforme á Lei de minería de Galicia do ano 2008, a lei que PSOE e BNG promoveron, aprobaron e utilizaron cando gobernaban en Galicia”.

Continue reading