Puy avoga porque a folga da Xustiza “remate canto antes nun acordo” e afirma que “a Xunta leva negociación coas persoas indicadas e que coñecen o sector”

Santiago, 16 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque a folga do persoal da Xustiza en Galicia “remate cando antes nun acordo”. Neste sentido, afirmou que “a Xunta está levando a negociación coas persoas indicadas e que coñecen o sector” e apuntou que “están defendendo o interese xeral da Comunidade autónoma fronte a quen representan un interese sectorial”.

Continue reading

O Grupo Popular se “avergoña” da actitude do deputado do BNG Luis Bará na tribuna do Parlamento no pasado pleno

Santiago, 13 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “inapropiada” a conduta do deputado do BNG Luis Bará na tribuna do Parlamento no pasado Pleno, cando rachou dúas fotografías do Xefe do Estado, e asegurou que o Grupo Popular “se avergoña deste feito pola ofensa que se lle fai a quen simboliza a democracia, as liberdades e o autogoberno de Galicia”.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a defender a pesca no marco europeo diante dos retos que se abren para o sector marítimo

Santiago, 13 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a desenvolver unha política de actuación na defensa da pesca no marco europeo diante dos retos específicos que se abren para o sector marítimo pesqueiro e que nos leve a seguir pormenorizadamente os trílogos no marco europeo para tratar de evitar que as normas de eliminación de descartes e de medidas técnicas e de control se afasten das demandas galegas.

Continue reading