Tellado: “Zapatero duplicou o número de parados e Rajoy deixa un país que crea medio millón de empregos ao ano”

Santiago, 5 de xuño de 2018. O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lembrou este martes no Parlamento que “mentres Zapatero duplicou o número de parados, Rajoy deixa un país que crea medio millón de empregos ao ano”. Fíxoo lembrando as palabras da portavoz parlamentaria no Congreso, Margarita Robles, que durante a moción de censura dixo que o modelo de Goberno de Pedro Sánchez será o mesmo có de José Luis Rodríguez Zapatero.

Continue reading

O Grupo Popular defende a necesidade de reformular o tránsito profesional entre a xustiza e a política

Santiago, 5 de xuño de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, defendeu hoxe no Parlamento “a necesidade de reformular as condicións de tránsito profesional entre a xustiza e a política para evitar as portas xiratorias política-xustiza, a fin de fortalecer a percepción da independencia xudicial sen menoscabo do dereito a ocupar cargos públicos”. Neste sentido, ofreceu esta tarde unha transacción ao portavoz de En Marea co fin de incluír esta medida na súa proposición non de lei, que será votada na sesión plenaria de mañá, mércores.

Continue reading

O PPdeG cre que se podería incorrer en prevaricación de atender a demanda de En Marea para retirar expedientes sancionadores a persoal sanitario

Santiago, 5 de xuño de 2018. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, considerou hoxe que “se podería incorrer en prevaricación atendendo a demanda de En Marea para que a Xunta retire os expedientes sancionadores abertos iniciados contra auxiliares de clínica do Hospital Álvaro Cunqueiro ao marxe dos procedementos establecidos e sen analizar os graves feitos que causaron prexuízos aos pacientes por non recoller e transportar as bolsas de roupa sucia nas habitacións, boxes de UCI e portas de quirófano”.

Continue reading

O PPdeG defende a autonomía das universidades galegas para adoptar medidas en materia de igualdade

Santiago, 5 de xuño de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe no Parlamento que o BNG pretenda “entremeterse nas competencias das universidades obrigándoas a adoptar medidas en materia de igualdade”. “O Goberno galego non pode interferir nin impoñer ás universidades accións para paliar as desigualdades no eido profesional e académico”, apuntou.

Paula Prado explicou que, da análise dos distintos estudos existentes a nivel nacional e galego sobre a igualdade de xénero e a ciencia, “constátase que determinadas profesións teñen infrarrepresentación de mulleres; que a proporción de mulleres diminúe cando aumenta o nivel de representatividade; que a presenza de mulleres diminúe se se considera tamén o nivel de idade; ou que o número de mulleres investigadoras que son nais tamén diminúe”.

Continue reading

O PPdeG critica que os socialistas traian ao Parlamento unha lei sobre bolsas de plástico menos ambiciosa que a lexislación vixente

Santiago, 5 de xuño de 2018. O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, criticou hoxe que os socialistas “traian ao Parlamento unha proposición de lei sobre as bolsas de plástico dun só uso menos ambiciosa ambientalmente que o vixente Real Decreto sobre redución do consumo de bolsas de plástico”. “A lei que os socialistas propoñen se limita a establecer un imposto con mero ánimo recadatorio, prexudicando directamente ao consumidor e ao pequeno comercio”, indicou.

Gonzalo Trenor lembrou que o Real Decreto 293/2018 sobre redución do consumo de bolsas de plástico xa prohibe que a partir do vindeiro 1 de xullo a súa entrega gratuíta aos consumidores, así como a prohibición a partir do 1 de xaneiro de 2020 da entrega de bolsas de plástico fragmentables e a partir de 1 de xaneiro de 2021 da prohibición da entrega de bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras, agás as de plástico compostable.

 

FEITO IMPOÑIBLE CON DATA DE CADUCIDADE

“Non parece moi acertado establecer un imposto sobre a utilización das bolsas de plástico cando o feito impoñible ten data de caducidade”, sinalou o portavoz popular. Ademais, indicou que a proposta socialista “consagraría indefinidamente a utilización das bolsas non biodegradables ao establecer un tipo impositivo para o ano 2020 e posteriores, esquecendo que a entrega de bolsas de plástico non compostables xa estará prohibida por unha norma estatal de carácter básico desde o 1 de xaneiro de 2021”.

Así mesmo, Trenor explicou que a proposición socialista “é unha copia practicamente literal dun artigo dunha lei existente en Andalucía desde o ano 2010”, unha norma que “nunca funcionou ben, xa que non chegan ao 10 por cento dos 35 millóns ao ano que pensaban recadar”.

 

CAMBIO INTEGRAL

O portavoz popular lembrou o anuncio feito no pasado Pleno pola conselleira do Medio Ambiente de traer no vindeiro período de sesións ao Parlamento dunha nova Lei de residuos e solos contaminados de Galicia, que contemplará medidas relativas non só para as bolsas de un só uso, senón tamén outros materiais desbotables como pratos, vasos, cuncas ou bandexas alimentarias.

“Defendemos un modelo de economía circular que supón un cambio integral do modelo actual, no que tamén vai incluída, como non pode ser doutro xeito, a modificación da lexislación actual, pensada para un modelo lineal e non para a economía circular”, sinalou Trenor.

Respecto desta nova lei, apuntou que será un texto “innovador, práctico e que se sitúa en liña coas políticas europeas, contribuíndo ao fomento do emprego verde en Galicia”. “Entre as medidas máis novidosas da lei destacarán as accións para loitar de forma efectiva contra o desperdicio alimentario, a regulación da venda do menaxe dun só uso ou o fomento do mercado dos residuos valorizados e da compra pública verde innovadora”, explicou.