Skip to content

O Grupo Popular apoia solicitar ao Goberno de España medidas para paliar o bloqueo das pensións aos retornados de Venezuela

Santiago, 05 de xuño de 2018. O Grupo Popular apoiou esta tarde no Pleno do Parlamento a aprobación dunha moción dirixida a buscar solucións para os emigrantes galegos retornados procedentes de Venezuela que levan dous anos e medio sen percibir as súas pensións, e que lle corresponde aboar ao Goberno venezolano.

A portavoz de Emigración, Raquel Arias, manifestou a súa preocupación polos galegos de Venezuela, “tantos os que volveron a Galicia como os que aínda residen alí, destinando a este colectivo neste 2018 un total de 2,2 millóns de euros”.

Neste sentido, salientou que “o Goberno da Xunta está centrando os seus esforzos no país venezolano e, de feito, o 80 por cento dos beneficiarios das axudas extraordinarias ao emigrante retornado concedidas no 2017 foron para galegos da diáspora chegados de Venezuela”.  

INGRESOS PERCIBIDOS, NON RECOÑECIDOS

Co voto a favor do Grupo Popular, o Parlamento galego aprobou solicitar ao Goberno de España que interveña contra o bloqueo das pensións aos emigrantes galegos  retornados que cotizaron en Venezuela.

Así mesmo, engadiuse unha transacción entre o Grupo Popular e o Socialista para que, mentres se manteña a falta de pagamentos das pensións, o Imserso modifique os criterios para a concesión das pensións non contributivas, tendo en conta os ingresos reais que percibe o solicitante, e non os dereitos recoñecidos, que son os que se avalían na actualidade independentemente de que se fagan ou non efectivos. Unha fórmula que prexudica aos galegos de Venezuela.

TRASLADO AO IMSERSO

A Xunta xa ten dado traslado ao Imserso da situación que atravesa este colectivo a través de comunicacións oficiais e reunións de traballo, incidindo na necesidade de cambiar eses criterios.

O Goberno galego modificara no 2016 os criterios para acceder ás axudas de inclusión social, coas que atende as necesidades primarias, de xeito que se axustan á falta de pagos que sofren os retornados de Venezuela ao ter en conta os cartos que ingresan e non os que deberían ingresar.     

Arias lembrou tamén que xa na sesión plenaria do pasado 24 de maio o Grupo Popular manifestouse a favor de facerlle requirimentos ao Goberno central en favor dos pensionados venezolanos. “Nós seguimos pensando igual que antes”, explicaba Arias, e preguntábase se a día de hoxe o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, “mantería aquela afirmación na que aseguraba que o vínculo de Podemos con Venezuela era unha das súas razóns para non pactar co partido de Pablo Iglesias”.

A deputada popular lamentou que os grupos de En Marea e BNG non aprobasen a moción ao completo ao realizarse unha votación por puntos. “Seguen preferindo apoiar as políticas de Maduro na contra de preocuparse polos galegos e galegas que pasan necesidades”.

Noticias recomendadas

O Parlamento galego demanda a finalización do proceso de dixitalización dos quirófanos das sete áreas sanitarias de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta finalice o proceso de dixitalización
O Parlamento galego demanda que a nova Lei de familias estatal atenda as demandas de Galicia e incorpore o concepto de familia numerosa
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG, a través da que se
O Grupo Popular critica a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de eliminar as peaxes en 1.000 quilómetros de autoestradas, o triplo de lonxitude dunha AP-9 que se nega a rescatar e quitar os pagos
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Roberto Rodríguez, criticou hoxe no Parlamento galego que a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de iniciar os trámites para eliminar as peaxes
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies