O Grupo Popular considera “divertido que toda a oposición de esquerdas pida que se suban as taxas universitarias á xente do común”

Santiago, 20 de xuño de 2018.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado manifestou hoxe no Pleno do Parlamento que “resulta divertido ver que toda a oposición de esquerdas está a pedir que se suban as taxas universitarias á xente do común”. Neste sentido, salientou que, “desde a chegada ao Goberno galego do Presidente Feijóo, a política de prezos e taxas universitarias en Galicia vense caracterizando por ser a mínima legal permitida”, e explicou que “a Xunta xa contempla nos seus orzamentos unha compensación ás universidades para paliar o orzamento que se aforran as familias”.

Continue reading

O Parlamento galego pide que se prime ás comunidades de montes que cumpran coas súas obrigas legais

Santiago, 20 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que certifique aquelas comunidades de montes veciñais en man común que estean en cumprimento das súas obrigas legais, especialmente no relativo á aprobación dos seus instrumentos de ordenación ou xestión forestal, de xeito que supoña un criterio puntuable na concesión de axudas públicas e se prime na cesión dos montes veciñais en estado de abandono.

Continue reading

O Parlamento solicita á Xunta un informe sobre as posibilidades comerciais que se abren co Brexit para os produtos pesqueiros

Santiago, 20 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, solicitar á Xunta que elabore un informe sobre as posibilidades e circunstancias que se abren co Brexit en termos comerciais en relación aos produtos pesqueiros galegos. “É moi importante saber cal pode ser o impacto, pero tamén converter este proceso nunha oportunidade, de aí que, vendo a posibilidade de que o Reino Unido perda o seu acceso directo aos mercados da Unión Europea, teñamos que estar atentos para ver que ámbitos de negocio se poden abrir para a pesca galega”, sinalou a portavoz do Mar, Teresa Egerique.

Continue reading