Pedro Puy asegura que “existen motivos máis que dabondo para aprobar o teito de gasto para 2019”

Santiago, 16 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe “existen motivos máis que dabondo para a aprobación do teito de gasto da Xunta de Galicia para 2019 ao recoller un incremento de 363 millóns de euros dos recursos, unha redución da débeda, unha presión fiscal rebaixada, unha economía que medra máis que a media, unha baixa do desemprego e unhas prestacións sociais por enriba da media de España”.
Continue reading

O Grupo Popular defenderá no Pleno que o Goberno central poña en marcha as compensacións para as industrias electro-intensivas

Santiago, 16 de outubro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno ordinario da vindeira semana que o Goberno central poña en marcha, antes de que finalice a anualidade orzamentaria de 2018, as compensacións previstas nos orzamentos por importe de 150 millóns de euros polos custos adicionais incorridos polas industrias electro-intensivas, ao tempo que implante nas contas para 2019 e os seguintes anos un novo réxime de compensación por estes custos adicionais incluídos no prezo da electricidade pagados por estas empresas.
Continue reading

Puy afirma que o teito de gasto “reflicte un modelo de economía que dedica máis recursos a servizos públicos minorando a presión fiscal”

Santiago, 15 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe como “positivo” o incremento do teito de gasto da Comunidade galega para 2019 ata os 9.850 millóns de euros, que “reflicte un modelo de economía no que se poden dedicar máis recursos á prestación de servizos públicos minorando a presión fiscal sobre a cidadanía, o que ten un efecto expansivo”.