O PPdeG, satisfeito porque o ex ministro José Blanco “recoñeza finalmente a súa responsabilidade na suba das peaxes na AP-9”

Santiago, 16 de novembro de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, amosou hoxe a súa satisfacción porque o ex ministro socialista José Blanco “recoñeza finalmente a súa responsabilidade na operación ruinosa que foi para os galegos o convenio asinado en 2011 polo Ministerio de Fomento coa concesionaria da AP-9 a través do que se autorizaba unha suba acumulativa do 1 por cento durante 20 anos para Audasa, ademais de que o Estado abonaría un interese fixo anual do 8 por cento polo custo das obras”.
Continue reading

O Grupo Popular subliña o compromiso da Xunta coa recuperación do Mosteiro de Oia

Santiago, 15 de novembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular María Antón subliñou hoxe no Parlamento “o compromiso da Xunta coa posta en valor do Mosteiro de Oia, polo que non vai escatimar esforzos por facilitar e viabilizar un proxecto que permita a súa total recuperación física e, tamén, da memoria histórica”. Mostra disto é que este mosteiro forma parte da lista de BICs vinculados ao Camiño de Santiago que o Presidente da Xunta trasladou ao ministro de Cultura e Deporte para a súa rehabilitación de cara á celebración do Xacobeo 2021.
Continue reading