Pedro Puy alerta do “erro que cometen algunhas esquerdas ao aventar o pantasma da estrema dereita para mobilizar aos seus”

Santiago, 12 de febreiro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, alertou hoxe no Parlamento do “erro que cometeron e cometen algunhas esquerdas ao aventar a pantasma da estrema dereita para mobilizar aos seus e darlle pulos a quen quere desprazar ata a súa extinción aos grandes partidos liberal conservadores e demócrata cristiáns que construíron coa socialdemocracia a Europa en paz, democrática e integrada da post guerra”.
Continue reading

O PPdeG sinala que, mentres a oposición fai catastrofismo coa sanidade galega, organismos internacionais póñena entre as máis valoradas do mundo

Santiago, 12 de febreiro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo asegurou hoxe que En Marea, PSdeG e BNG “seguen ancorados no catastrofismo e no masoquismo” en materia de sanidade, “mentres organismos internacionais de toda solvencia poñen a nosa sanidade entre as máis valoradas do mundo e os nosos hospitais e profesionais son premiados pola súa labor de xestión, científica ou asistencial”.
Continue reading

O Grupo Popular destaca que a Comisión do Marisquiño demostrou que “Caballero minte ao afirmar que o festival contaba con todos os permisos”

Vigo, 11 de febreiro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular na Comisión de Investigación sobre o accidente do Marisquiño, Alberto Pazos, fixo hoxe en Vigo un balance das comparecencias que se celebraron ata o momento nesta comisión parlamentaria e subliñou que as intervencións de técnicos municipais demostraron que “Abel Caballero minte ao afirmar que este festival contaba con todos os permisos necesarios”.

Continue reading