O Parlamento galego demanda que a Xunta impulse melloras nos centros de información á muller

Santiago, 12 de marzo de 2019.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha moción a través da que se insta á Xunta a implementar e impulsar melloras nos centros de información á muller (CIM), de xeito que se garanta un servizo integral e de calidade, e se facilite a accesibilidade a estes centros a todas as mulleres, independentemente da súa localización no territorio.
Continue reading

O Grupo Popular asegura que o BNG pretende “fomentar a crispación social demonizando aos que non comparten os seus plantexamentos” coa súa proposición de lei de memoria histórica

Santiago, 12 de marzo de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou hoxe que a proposición de lei do BNG de memoria histórica democrática de Galicia é “un novo intento de fomentar a crispación social, como instrumento para obter réditos electorais mediante a demonización dos que non comparten os prantexamentos políticos dun grupo que goza de escaso apoio do pobo galego”.
Continue reading