O GPP demanda ao Goberno do Estado que deixe gastar a Galicia o superávit de 125 millóns de euros de 2018 e lle transfira os 170 millóns polo cumprimento das regras fiscais

Santiago, 18 de marzo de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou hoxe da presentación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado “que deixe gastar en investimentos sostibles o superávit de 125 millóns de euros que tivo Galicia en 2018, ao tempo que proceda a facer a transferencia á Comunidade galega dos 170 millóns que lle debe a Galicia da compensación polo cumprimento de todas as regras fiscais nos exercicios de 2017 e 2018”.
Continue reading

O PPdeG critica que “o descoñecemento leve aos responsables do BNG a dicir disparates sobre as plantacións de eucalipto”

Santiago, 15 de marzo de 2019.- O portavoz do Medio Rural, Moisés Blanco, criticou hoxe que “o descoñecemento dos representantes do BNG respecto da política forestal do Goberno galego lévaos a dicir disparates como que a Xunta remitiu datos falsos á Comisión Europea respecto das plantacións de eucalipto”. “Non se pode confundir a planificación contemplada no Plan Forestal de Galicia, actualmente en plena elaboración, co Programa de Desenvolvemento Rural (PDR), que é o que realmente supervisan as autoridades europeas”, sinalou.