O Grupo Popular afirma que o Goberno do Estado xa non ten escusas para atopar un comprador para Alcoa e aprobar o estatuto dos consumidores electrointensivos

Santiago, 7 de maio de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, manifestou hoxe no Pleno do Parlamento que “o Goberno do Estado xa non ten escusas, quedan menos de dous meses para atopar un comprador e o estatuto dos consumidores electrointensivos é un requisito indispensable se queremos que Alcoa teña futuro en Galicia”.

Continue reading

O Grupo Popular salienta o compromiso do Goberno galego para crear 40 novas prazas de fisioterapeuta na atención primaria

Santiago, 7 de maio de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo subliñou hoxe no Pleno do Parlamento o compromiso asumido polo Goberno galego de crear 40 novas prazas de fisioterapia na atención primaria galega. “Na Consellería de Sanidade sábese da importancia e do indubidable valor que aportan os profesionais de fisioterapia do Servizo Galego de Saúde, fundamentalmente no ámbito da atención á patoloxía crónica e na prevención da patoloxía músculo-esquelética”, apuntou.

Continue reading

O PPdeG pide ao Goberno do Estado que facilite o financiamento previsto na lei para a mellora das condicións da docencia non universitaria

Santiago, 7 de maio de 2019.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, demandou hoxe no Pleno do Parlamento que o Goberno do Estado habilite o financiamento para o ensino galego, de acordo co previsto na Lei de mellora das condicións para o desempeño da docencia e a ensinanza no ámbito da educación non universitaria, como paso previo a que se poida adoptar a decisión máis acaída respecto dos horarios do persoal docente.

Continue reading

O PPdeG afirma que a nova lei de farmacia garante á cidadanía un acceso rápido, eficaz, oportuno, equitativo e racional aos medicamentos”

Santiago, 7 de maio de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Parlamento que a nova lei de ordenación farmacéutica, que hoxe foi debatido na súa totalidade no Pleno, “está orientado á regulación da atención farmacéutica entendida como servizo de interese público e dirixida a garantir á cidadanía o acceso rápido, eficaz, oportuno, equitativo e racional aos medicamentos e produtos sanitarios que necesite”.

Continue reading