Miguel Tellado “O PSOE de Baleares, de Asturias, da Comunidade Valenciana ou de Estremadura defenden mellor os intereses de Galicia que o PSdeG-PSOE”

Santiago, 21 de agosto de 2019.- O vicevoceiro do Grupo Popular Miguel Tellado indicou hoxe en rolda de prensa que “o PSOE de Baleares, de Asturias, da Comunidade Valenciana ou de Estremadura defenden mellor os intereses de Galicia que o PSdeG-PSOE” en referencia a reivindicación da transferencia dos fondos “que xa están recadados e no poder do Goberno e que comprometen o normal funcionamento dos servizos públicos das CCAA”.

Continue reading

Miguel Tellado “non estamos en contra da transición ecolóxica pero pedimos medidas progresivas que non poñan en perigo o emprego dos galegos”

Santiago, 21 de agosto de 2019.- O vicevoceiro do Grupo Popular Miguel Tellado indicou hoxe en rolda de prensa que  “desde o PPdeGalicia queremos sumarnos a preocupación de toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal sobre a incerteza no futuro da central térmica de As Pontes”. Así, indicou que “non estamos en contra da transición ecolóxica, pero o que pedimos son medidas paulatinas, progresivas, que non poñan en perigo o emprego dos galegos”.

Continue reading

O Grupo Popular pon en valor as actuacións en 22 centros educativos este verán con cargo ao superávit autonómico

Santiago, 21 de agosto de 2019.- O vicevoceiro do Grupo Popular Miguel Tellado fixo hoxe en rolda de prensa unha posta en valor das actuacións que está a acometer a consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en 22 centros de ensino das catro provincias galegas ao abeiro dos fondos de superávit, que recordou que a oposición non respaldou esta inversión no pleno do Parlamento, por importe total de 21,4 millóns de euros no eido educativo.

Continue reading