Puy afirma que “afrontamos o Debate da Autonomía coa vista posta no futuro e cunha proposta viable, realista e centrada nos problemas de Galicia”

Santiago, 16 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “afrontamos o Debate sobre o Estado da Autonomía conscientes de que temos un balance que render á sociedade galega e coa vista posta na Galicia do futuro, cunha proposta política viable, realista, e centrada nos problemas que ten Galicia, comprometidos sempre coa estabilidade”.

Continue reading

O Parlamento demanda alternativas que reduzan o uso de herbicidas para controlar a vexetación nas marxes das estradas

Santiago, 13 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Mixto, a través da que se demanda tanto á Xunta de Galicia como ao Ministerio de Fomento, as deputacións provinciais e aos concellos que avalíen alternativas que permitan reducir progresivamente o uso de herbicidas no control da vexetación das marxes das estradas da súa rede viaria para que, no caso de que sexa viable, se restrinxa a súa utilización a aquelas zonas onde sexa necesario para garantir a visibilidade da estrada e, polo tanto, de acordo a criterios de seguridade viaria.

Continue reading

O Parlamento galego demanda a Fomento a licitación das obras do enlace orbital de Santiago para que estea operativo no Xacobeo 2021

Santiago, 13 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento que axilice a licitación das obras do Enlace Orbital de Santiago de Compostela, que xa foi autorizada polo Consello de Ministros o pasado 12 de abril, ao obxecto de que a posta en servizo desta infraestrutura estratéxica para Santiago poida estar operativa para o Xacobeo 2021.

Continue reading

O Grupo Popular pide ao Goberno central que non aplique novas subas de peaxes na AP-9

Santiago, 13 de setembro de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento “un compromiso expreso do Goberno central de que non van aplicar novas subas extraordinarias nas peaxes da AP-9, ao tempo que poña en marcha un sistema de bonificación da peaxe para os usuarios frecuentes, de xeito que extrapole o modelo de bonificación das autopistas autonómicas ás autopistas estatais.

Continue reading