O Pleno da vindeira semana abordará a preocupante situación que viven a central térmica de As Pontes e a factoría de Alcoa en San Cibrao

Santiago, 1 de outubro de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que o Goberno central garanta os centros produtivos e os postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao, ao tempo que se aprobe, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas. Así mesmo, solicitará a creación, dentro da futura Lei reguladora dos xogos de Galicia, dun Observatorio galego de xogos, que elabore un protocolo de menores nesta materia e un informa anual sobre o xogo na Comunidade galega.

Continue reading