Skip to content

O Pleno da vindeira semana abordará a preocupante situación que viven a central térmica de As Pontes e a factoría de Alcoa en San Cibrao

Santiago, 1 de outubro de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que o Goberno central garanta os centros produtivos e os postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao, ao tempo que se aprobe, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas. Así mesmo, solicitará a creación, dentro da futura Lei reguladora dos xogos de Galicia, dun Observatorio galego de xogos, que elabore un protocolo de menores nesta materia e un informa anual sobre o xogo na Comunidade galega.

 

 

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou que na sesión plenaria da vindeira semana procederase ao debate e votación do teito de gasto non financeiro da Comunidade galega para o vindeiro ano 2020. “A diferenza doutras comunidades autónomas que tamén se atopan con dificultades para elaborar os seus orzamentos, ao non coñecer as entregas a conta do Estado para o vindeiro ano, a Xunta de Galicia decidiu elaborar as súas contas para continuar pola senda de estabilidad”, sinalou.

 

“Faise nunha situación complicada e nun momento no que Galicia segue tendo menos débeda que a media nacional, controlamos o déficit e as facturas se pagan antes que en ningunha outra comunidade autónoma, aínda que a falta de pago dos 700 millóns de euros por parte do Goberno central comeza a causar problemas de tesourería”, apuntou.

 

MÁIS RAZONABILIDADE E MENOS INCAPACIDADE

 

A sesión plenaria tamén inclúe a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria para dar conta da grave situación xerada en Galicia ante as políticas do Goberno central que están a provocar o peche das centrais térmicas de As Pontes e Meirama, e a necesidade dunha transición enerxética xusta.

 

Puy referiuse á reunión que se celebrará mañá na sede do Ministerio de Transición Ecolóxica para abordar o anunciado peche da central térmica de As Pontes e avogou porque “se recapacite por parte de quen está a tomar decisións que afectan dunha maneira dramática a unha comarca e haxa máis razonabilidade e menos incapacidade para recoñecer as cousas como son”.

 

Neste sentido, incidiu que “a Xunta vai colaborar na busca de solucións, ademais de estar do lado dos traballadores, de acordo co que marca a normativa europea”. O Goberno galego vai ir a esta reunión “con espírito construtivo e ofrecer solucións para facer unha transición enerxética ordenada”.

 

O portavoz popular engadiu que o Pleno incorpora tamén o debate de toma en consideración do proxecto de Lei de medidas de garantía de abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario. “Á luz da experiencia do episodio de seca vivido no ano 2017, con problemas de subministro de auga en varias zonas de Galicia, púxose en evidencia a necesidade de cambiar o xeito de xestionar a auga, garantindo o abastecemento coa colaboración de concellos e deputacións provinciais”, manifestou.

 

OBSERVATORIO DO XOGO E MANTEMENTO ALCOA

 

Respecto das proposicións non de lei incorporadas polo Grupo Popular á sesión plenaria, unha primeira vai dirixida á creación, dentro da futura Lei reguladora dos xogos de Galicia, dun Observatorio galego de xogos. “Este organismo terá entre as súas funcións a elaboración dun protocolo de menores en materia de xogo, así como un informe anual sobre o xogo na Comunidade galega.

 

Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular demanda ao Goberno de España que garanta os centros produtivos e os postos de traballo da factoría de Alcoa en San Cibrao. Así mesmo, demándase a creación dun marco enerxético estable e competitivo, para o que é necesario a aprobación, de xeito inmediato, do estatuto de apoio ás empresas electrointensivas, no que se incorporen as alegacións presentadas en conxunto pola Xunta de Galicia e as compañías galegas.

 

“Estamos a falar que están en perigo 5.000 postos de traballo, directos e indirectos, pero seguimos agardando por un marco enerxético competitivo, que xa foi prometido na última campaña electoral, por parte do Goberno central “, lembrou Pedro Puy.

 

Por último, dentro do apartado de preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular cuestionará sobre a posible venta do Hospital POVISA de Vigo a unha empresa privada e as medidas que ten previsto tomar a Xunta de confirmarse esta acción. Así mesmo, preguntarase polos obxectivos fundamentais da estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia; e a situación na que se atopa o expediente e que prazos manexa a Consellería de Sanidade para comezar as obras de remodelación do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular afirma que “para que Galicia siga funcionando é necesario que sigamos contando co traballo de institucións como o Valedor do Pobo”
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “para que Galicia siga funcionando é necesario que sigamos contando co traballo de institucións como
O Grupo Popular afirma que a instalación de Altri en Palas de Rei vai depender “do estrito cumprimento das normas europeas, españolas e galegas, as máis respectuosas co medio ambiente do mundo”
O portavoz de Industria do Grupo Popular, Rubén Lorenzo, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a instalación do proxecto de Altri en Palas de Rei vai depender “do
Ángel Moldes relevará a Héctor Corujo como voceiro do PPdeG e vicepresidente 1º da Fegamp
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, relevará ao rexedor do Incio, Héctor Corujo, como principal representante do Partido Popular de Galicia na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies