Tellado: “Sánchez é unha ameaza constante para o emprego e para a nosa industria”

2, outubro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que Pedro Sánchez é unha ameaza constante para o emprego tanto para a nosa Comunidade como para o conxunto do Estado. Así se expresaba tras publicarse os datos do paro de setembro, que tamén reflicten que, malia que as decisións do Executivo nacional non fan máis que prexudicar á nosa industria, “Galicia segue resistindo o efecto Sánchez no emprego”.   

Continue reading

O Grupo Popular apoia as reivindicacións dos traballadores das empresas auxiliares que prestan servizos de R Cable e Euskaltel

Santiago, 2 de outubro de 2019.- O Grupo Popular amosou hoxe no Parlamento o seu apoio, a través da aprobación dunha proposición non de lei, ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores das empresas auxiliares que prestan servizos de operación e mantemento de rede e atención ao cliente de R Cable, para que estes servizos continúen a ser prestados desde territorio galego, garantindo ademais que a atención ao cliente se siga dando en galego.

Continue reading

O PPdeG demanda reforzar o apoio ao relevo xeracional dos autónomos

Santiago, 2 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta reforce o vindeiro ano 2020 as medidas de apoio ao relevo xeracional en favor das traballadoras e traballadores autónomos, mantendo o diálogo e o consenso coas asociacións máis representativas do colectivo ao abeiro da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia.

Continue reading