O Parlamento galego demanda ao Goberno central a convocatoria de novas poxas de enerxías renovables

Santiago, 4 de decembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do Grupo Común de Esquerdas e o BNG, así como a abstención de socialistas e Grupo Mixto, a través da que se demanda do Goberno central a convocatoria de novas poxas de enerxías renovables para permitir aumentar a potencia eólica instalada en Galicia e, en consecuencia, a produción de enerxías renovables na comunidade galega.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que no Sergas trabállase na mellora das listas de espera, priorizando sempre en función da gravidade

Santiago, 4 de decembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo afirmou hoxe no Parlamento que no Sergas “trabállase cada día en políticas que permitan mellorar as listas de espera, priorizando sempre en función da gravidade, co firme compromiso de axilizar a asistencia e, por suposto, sempre tratando de dotar aos usuarios da capacidade de decisión”.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que o PPdeG e o Goberno galego van primar sempre a seguridade das nais e dos nenos sobre calquera outra circunstancia

Santiago, 3 de decembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, incidiu hoxe no Parlamento, respecto do peche do paritorio no Hospital de Verín, que “este grupo parlamentario, e o Goberno que sustenta, van primar sempre a seguridade das nais e dos nenos sobre calquera outra circunstancia ou presión sindical ou política, veña de onde veña, porque o contrario sería totalmente irresponsable”.

Continue reading

O PPdeG salienta que Galicia se adiantou ao Parlamento Europeo na declaración de estado de emerxencia climática

Santiago, 3 de decembro de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, salientou hoxe no Parlamento que “Galicia adiantouse ao Parlamento Europeo na declaración do estado de emerxencia climática nesta comunidade autónoma, logo da aprobación dunha resolución do PPdeG no último Debate sobre o Estado da Autonomía á que non se sumaron os grupos da oposición”.

Continue reading