O PPdeG lamenta que o Goberno de España, refén dos independentistas cataláns e vascos, dependa tamén dos independentistas galegos

3, xaneiro, 2020. O vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime de Olano, considera que o BNG, tras coñecerse que non votará en contra da investidura de Pedro Sánchez, quere “esquerrizar” Galicia e que se suma ás formulacións independentistas que están a secuestrar ao novo Executivo de España, debido á ambición persoal de Pedro Sánchez. Así, o Goberno socialista, que xa dependía de independentistas cataláns e vascos, agora tamén dependerá dos independentistas galegos. 

Continue reading