Santiago, 4 de febreiro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos afirmou hoxe no Parlamento que “a cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos será obrigatoriamente autorizada se cumpre os requisitos legais e obrigatoriamente denegada en caso contrario”. Na súa intervención, asegurou que “todas as obras que se están a facer neste momento teñen licenza municipal”, en contraposición á afirmación realizada polo deputado do BNG Luís Bará, ao que pediu que retirara as súas falsas acusacións.
O Grupo Popular critica que o PSOE rexeitara no Pleno solicitar ao Goberno central a eliminación da taxa de reposición no sistema sanitario
Santiago, 4 de febreiro de 2020.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, criticou hoxe que o Grupo Socialista rexeitara esta tarde no Pleno do Parlamento solicitar ao Goberno de España a eliminación da taxa de reposición para o persoal do sistema sanitario. “Non permitiu a votación deste punto da súa moción, a pesar de que esta demanda xa foi aprobada en varias ocasións no Parlamento galego desde 2017, co voto favorable do Grupo Popular e gobernando Mariano Rajoy”, apuntou.
O Grupo Popular avoga por dar solucións ás persoas que non queren vivir, pero tamén dar garantías ás que non queren morrer
Santiago, 4 de febreiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira manifestou hoxe no Pleno do Parlamento que “comprendemos e debemos dar solucións a aquelas persoas que non queren vivir, pero tamén temos que dar garantías a aquelas persoas que non queren morrer”.
O Grupo Popular salienta que o Sergas xa finalizou o puxo en marcha o 98,8% das medidas a curto prazo do Plan Galego de Atención Primaria
Santiago, 4 de febreiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo salientou hoxe no Parlamento que “o 98,8 por cento das accións a curto prazo comprometidas polo Servizo Galego de Saúde dentro do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 xa están finalizadas ou en marcha”.
O Parlamento aproba o ditame da Comisión para a igualdade e os dereitos das mulleres, base do Pacto galego para erradicar a violencia de xénero
Santiago, 4 de febreiro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto favorable do Grupo Popular e a abstención de toda a oposición, o ditame da Comisión non permanente de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres que sintetiza propostas de actuación que sosterán a base do Pacto galego contra a violencia de xénero para poder chegar ao fin común que é a erradicación da violencia contra as mulleres.
O PPdeG acusa á oposición de pretender crear un novo imposto de bebidas azucradas que recaería sobre todo nas rendas medias e baixas
Santiago, 4 de febreiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Jackeline Fernández acusou hoxe aos grupos da oposición de pretender crear un novo imposto ás bebidas azucradas “sen ningún tipo de modelo de tributación e que recaería sobre todo nas rendas medias e baixas, que son precisamente as consumidoras principais deste tipo de produto”.
Tellado: “Galicia segue a protexerse da inestabilidade económica e institucional de Sánchez e os seus socios”
4, febreiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, manifestou que Galicia seguirá intentando protexerse da inestabilidade institucional e económica na que o PSOE, Podemos e independentistas teñen sumida a España. Así se expresaba tras publicarse esta mañá os datos do paro do mes de xaneiro.