Tellado apunta que a alternativa a Feijóo é un multipartito que só suporía unha grande inestabilidade para Galicia

17, febreiro, 2020. O secretario xeral dos populares galegos e coordinador de campaña do PPdeG para as Eleccións Autonómicas, Miguel Tellado, declarou aos medios que a alternativa a Alberto Núñez Feijóo en Galicia é un multipartito que só suporía unha grande inestabilidade. Por este motivo, subliñou que o 5 de abril os galegos teremos que escoller entre un presidente e un goberno experimentado ou o experimento que representan os partidos da esquerda.

Continue reading

Tellado di que Feijóo é o único “antídoto” para que en Galicia non haxa a inestabilidade política que hai en España

16, febreiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, sinalou que Alberto Núñez Feijóo é o único “antídoto posible” para que en Galicia non haxa a inestabilidade política que hai en España: “Os galegos teñen que elixir entre a moderación que representa Feijóo ou un multipartito formado polo PSdeG, o BNG e as tres Mareas de Podemos”.

Continue reading