O Parlamento galego demanda ao Goberno central carga de traballo para Navantia e o desenvolvemento do proxecto Estaleiro 4.0

Santiago, 17 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central carga de traballo para Navantia, así como o desenvolvemento dos investimentos necesarios para dispor dun Estaleiro 4.0 que lle permita seguir competindo e acadando novos contratos para o naval galego.

Continue reading

O Parlamento galego demanda o incremento do continxente arancelario de lombos de atún da UE

Santiago, 17 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central o incremento do continxente arancelario de lombos de atún da Unión Europea, de 55.000 toneladas ao 0% de arancel, no marco das negociacións que se levarán a cabo para a apertura e modo de xestión de continxentes arancelarios autónomos para produtos da pesca no período 2021-2023.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que Galicia ten que aproveitar a crise sanitaria para mellorar o seu potencial turístico

Santiago, 17 de setembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Gabriel Alén Castro manifestou hoxe no Parlamento que “Galicia ten a oportunidade de aproveitar esta crise sanitaria para mellorar o seu potencial turístico”. Neste sentido, defendeu que a Xunta amplíe o plan de reactivación do turismo, ao tempo que solicitou ao Goberno central que implemente canto antes os fondos que vén de activar Europa para que redunden en toda a cadea de valor da actividade turística galega.

Continue reading