PSdeG e BNG rexeitan unha declaración institucional do Grupo Popular apoiando aos traballadores de Siemens-Gamesa en As Somozas

Santiago, 7 de outubro de 2020.-  O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lamentou que tanto PSdeG como BNG rexeitaran hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha declaración institucional a través da que se amosa o respaldo aos traballadores da empresa Siemens-Gamesa, instando á Xunta e ao Goberno central a tomar as medidas necesarias que permitan a continuidade da actividade na planta de As Somozas, aproveitando as oportunidades que ofrecen os plans de transición enerxética da Unión Europea.

Continue reading

O Parlamento demanda ao Goberno central a rebaixa do IVE para as máscaras e hidroxeles desinfectantes

Santiago, 7 de outubro de 2020.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, coa única abstención do Grupo Socialista, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno do Estado a modificación do artigo 91 da Lei 37/1992, do imposto sobre o valor engadido, de xeito que se inclúan as máscaras e os hidroxeles desinfectantes no listado de bens aos que se lles aplica o tipo reducido de IVE do 10 por cento ou superreducido do 4 por cento, equiparándoos a outros produtos farmacéuticos que tamén son imprescindibles.

Continue reading

O Parlamento galego demanda medidas de protección do marraxo que non supoñan quebranto económico para a frota pesqueira

Santiago, 7 de outubro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda do Goberno central e da Comisión Europea a análise de medidas de protección do marraxo que non leven ao quebranto económico da frota e que teña en conta todas as medidas de xestión sostible que as diferentes organizacións rexionais de pesca e a Unión Europea teñen adoptado en favor desta especie.

Continue reading

Pedro Puy avoga por crear na Comisión de Reactivación unha proposta de Galicia para o reparto dos fondos europeos pola Covid-19

Santiago, 6 de outubro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe no Pleno do Parlamento galego por elaborar unha proposta de consenso no seo da Comisión de Estudo para a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19 que sexa defendida pola Xunta de Galicia ante o Goberno central de cara á distribución dos fondos extraordinarios procedentes da Unión Europea para a recuperación tras a pandemia sanitaria.

Continue reading