O Grupo Popular afirma que a Xunta xa traballa no Plan de saúde mental, con 98 proxectos dirixidos á prevención e mellora da asistencia

Santiago, 8 de outubro de 2020.-  A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo afirmou hoxe no Parlamento que a Consellería de Sanidade está traballando no Plan de saúde mental de Galicia post Covid-19, “que establece para o período 2020-2024 un total de 98 proxectos dirixidos á prevención da aparición de problemas de saúde mental na poboación galega e establecer melloras na asistencia socio-sanitaria ás persoas que padecen un trastorno mental e aos seus familiares”.

Continue reading

Puy insiste que “imos á Comisión de Reactivación coa mellor intención de aproveitar todo aquilo que sexa bo para afrontar os problemas da Covid-19”

Santiago, 8 de outubro de 2020.-  O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe, logo da constitución da Comisión de Estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19, que “imos coa mellor das intencións e predisposición para aproveitar todo aquilo que sexa bo para afrontar os novos problemas que presenta esta situación na sociedade galega, uns obxectivos ambiciosos pero que son os que a sociedade galega nos esixe”.

Continue reading