Santiago, 8 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España que cumpra co cofinanciamento do 50 por cento da Lei de dependencia para que a participación da Xunta de Galicia e do Goberno central sexa equitativa.
O Grupo Popular asegura que se manterá a conexión de autobús entre Vila de Cruces e A Coruña
Santiago, 8 de outubro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado asegurou hoxe que a conexión de autobús entre Vila de Cruces e A Coruña, co percorrido que estaba establecido ata o de agora, estará operativo ata o vindeiro mes de xaneiro, momento no que entrarán en servizo os novos contratos do Plan de Transporte Público de Galicia.
O Grupo Popular afirma que a Xunta xa traballa no Plan de saúde mental, con 98 proxectos dirixidos á prevención e mellora da asistencia
Santiago, 8 de outubro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo afirmou hoxe no Parlamento que a Consellería de Sanidade está traballando no Plan de saúde mental de Galicia post Covid-19, “que establece para o período 2020-2024 un total de 98 proxectos dirixidos á prevención da aparición de problemas de saúde mental na poboación galega e establecer melloras na asistencia socio-sanitaria ás persoas que padecen un trastorno mental e aos seus familiares”.
Puy insiste que “imos á Comisión de Reactivación coa mellor intención de aproveitar todo aquilo que sexa bo para afrontar os problemas da Covid-19”
Santiago, 8 de outubro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe, logo da constitución da Comisión de Estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19, que “imos coa mellor das intencións e predisposición para aproveitar todo aquilo que sexa bo para afrontar os novos problemas que presenta esta situación na sociedade galega, uns obxectivos ambiciosos pero que son os que a sociedade galega nos esixe”.
Daniel Vega confirma que a Xunta traballa na mellora da LU-741 ao seu paso por Pontenova
Santiago, 8 de outubro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega confirmou hoxe no Parlamento de Galicia, ante a petición do Grupo do PSOE de arranxo da LU-741, ao seu paso polo municipio de A Pontenova, que a Xunta de Galicia xa ten redactado o proxecto de mellora desta estrada e, polo tanto, xa está a traballar na súa próxima mellora.