O PPdeG salienta que Galicia leva anos aplicando un modelo que funciona, combinando crecemento económico e solidariedade social

Santiago, 14 de outubro de 2020.-  O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe que “Galicia leva anos aplicando un modelo que funciona en el que se combinan políticas de crecemento económico con políticas de solidariedade social”. “Gracias a esta acción política, Galicia é a comunidade autónoma que maior converxencia ten experimentado coa renda media estatal e a renda per cápita galega se ten duplicado no actual século “, asegurou.

Continue reading

O Grupo Popular fixa como un dos principais desafíos da sociedade galega reducir o máximo posible o impacto económico e social da Covid-19

Santiago, 14 de outubro de 2020.-  O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento que “o principal desafío que afronta na actualidade a sociedade galega, ademais do reto sanitario, é intentar reducir o máximo posible o impacto económico e social, moi especialmente no ámbito laboral”. Por este motivo, salientou a posta en marcha da Axenda Emprego 2021 por parte da Xunta de Galicia, cun orzamento próximo aos 200 millóns de euros e que prevé beneficiar a máis de 65.000 galegos.

Continue reading