O Parlamento demanda a creación dun novo xulgado en Viveiro cando a Comisión Mixta TSXG-Xunta o considere necesario

Santiago, 4 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a proposición non de lei a través da que demanda ao Goberno central a creación dun novo xulgado en Viveiro cando, a criterio da Comisión Mixta entre o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e a Xunta de Galicia, existan as condicións obxectivas de necesidade para a dita creación.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Ministerio do Interior cubrir as vacantes da Policía Autonómica

Santiago, 4 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio do Interior que articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.

Continue reading