O Grupo Popular incide que o emprego mozo “é a nosa prioridade, con políticas avaliadas con feitos e con apoio orzamentario”

Santiago, 24 de novembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro incidiu hoxe no Pleno que “o emprego mozo é a nosa prioridade, antes, durante e despois da pandemia, pero non con propostas baleiras de contido, senón con políticas avaliadas con feitos e co apoio orzamentario previsto nas contas máis sociais da historia de Galicia, como o está a facer a actual Xunta”.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a nova Lei de impulso demográfico aposta pola Galicia familiar, moza, innovadora e sostible

Santiago, 24 de novembro de 2020.- A portavoz de Dinamización Demográfica do Grupo Popular, Raquel Arias, afirmou hoxe que a nova Lei de impulso demográfico de Galicia “representa todos os valores da Galicia que queremos para o futuro porque aposta por unha Galicia familiar e inclusiva, por unha Galicia moza, por unha Galicia innovadora e por unha Galicia sostible”.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a nova Lei de Acción Exterior servirá para proxectar Galicia no mundo e afondar na relación co exterior

Santiago, 24 de novembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos afirmou hoxe no debate de totalidade do proxecto de Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia que esta nova norma servirá para “proxectar Galicia no mundo, afondar na relación coa Galicia exterior, consolidar a Eurorrexión e mellorar a cooperación para o desenvolvemento”.

Continue reading

Pedro Puy afirma que os orzamentos para 2021 “asentarán as bases dunha Galicia que saia da pandemia con máis capacidade de producir e xerando emprego de maior calidade”

Santiago, 23 de novembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que os orzamentos da Xunta para 2021 permitirán “asentar as bases dunha Galicia que saia da pandemia con máis capacidade de producir e xerando emprego de maior calidade”. Neste sentido, apuntou que son “unha grande oportunidade para que se abandonen as críticas automáticas, porque son o resultado dun gran esforzo ao incorporar a marxe de endebedamento autorizado”.

Continue reading