O Parlamento demanda ao Goberno central a presentación dos proxectos, autorizacións e financiamento para o dique e o Estaleiro 4.0 de Ferrol

Santiago, 9 de decembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda ao Goberno de España a presentación dos proxectos, licencias e autorizacións, así como o financiamento previsto e necesario, para o taller de subbloques e para a transformación do Estaleiro 4.0 de Ferrol, especialmente no que se refire ao dique seco cuberto.

Continue reading

O Parlamento galego demanda por unanimidade ao Goberno central a creación da especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias

Santiago, 9 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, rexistrada polos tres grupos parlamentarios, a través da que se demanda ao Goberno central á creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con tramitación preferente e independente á que corresponda a un novo decreto de troncalidade.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno de España a transferencia a Galicia do ingreso mínimo vital

Santiago, 9 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a transferencia a Galicia da xestión do Ingreso Mínimo Vital creado a través do Real Decreto-lei 20/2020. “Precisamos que se transfiran os fondos asociados a este ingreso mínimo vital para poder integralos nunha renda única que permita mellorar prestacións e evitar duplicidades”, sinalou portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que priorice os proxectos do Corredor Atlántico e a mellora das conexións con Portugal

Santiago, 9 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que priorice os proxectos de infraestruturas do Corredor Atlántico en Galicia, así como a mellora das conexións con Portugal coa construción da Saída Sur de Vigo.

Continue reading

O PPdeG afirma que ningún enfermo oncolóxico quedou sen atender nin ningún servizo de oncoloxía deixou de traballar durante a pandemia

Santiago, 9 de decembro de 2020.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que “desde o Servizo Galego de Saúde tomáronse as medidas oportunas para que a situación epidemiolóxica provocase o menor impacto posible co obxectivo de proporcionar o máximo grao de atención ás persoas con cancro”, o que permitiu que “ningún enfermo oncolóxico quedou sen atender e ningún servizo de oncoloxía deixou de traballar”.

Continue reading