Santiago, 3 de marzo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marisol Díaz criticou hoxe a BNG e PSdeG por “propoñer agora cambiar as liñas estratéxicas do Plan de Vivenda de Galicia 2021-2025 cando é un documento que naceu co consenso de todos os axentes implicados neste sector, con medidas que xa probaron a súa eficacia e outras que darán resposta ás novas necesidades, ademais de estar dotado convenientemente de orzamento”.
O Parlamento galego urxe ao Goberno central o arranxo urxente do túnel do Folgoso na A-52 e abrilo ao tráfico con garantías de seguridade
Santiago, 3 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España o arranxo urxente do túnel do Folgoso, na autovía das Rías Baixas.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que rectifique e atenda a demanda dunha nova subestación eléctrica para Balaídos
Santiago, 3 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda do Goberno de España rectifique e inclúa na Planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a construción dunha nova subestación para atender a demanda industrial de Balaídos e conectar a Vigo á rede de transporte de 220 kilovoltios, facilitando unha subministración eléctrica moderna con capacidade de ofrecer estabilidade ao servizo.
O PPdeG apoia no Parlamento que a Xunta adopte medidas para evitar o traslado do centro de Naturgy a Madrid
Santiago, 3 de marzo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que adopte todas as medidas ao seu alcance para evitar o traslado do centro operativo de rede norte de Naturgy a Madrid, ao tempo que se obriga á empresa, como primeiro subministrador eléctrico de Galicia, a garantir a calidade do seu subministro eléctrico en toda a Comunidade galega.
O PPdeG critica que o PSdeG pretenda que o Goberno galego prevarique e incumpra a lei co proxecto de alta tensión do parque eólico de Monteagudo en Carballo
Santiago, 3 de marzo de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, acusou hoxe ao PSdeG de “pretender que o Goberno galego prevarique e incumpra a lei emitindo unha declaración de impacto ambiental negativa sen avaliación e sen terse recibido aínda o expediente” sobre o proxecto de liña de alta tensión do parque eólico de Monteagudo en Carballo ata a subestación do polígono de Morás en Arteixo.
O Grupo Popular reitera a “vontade total de apoio” da Xunta e o PPdeG aos traballadores de Galicia Textil
Santiago, 3 de marzo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz insistiu hoxe no Parlamento na “vontade total de apoio” por parte da Xunta e do PPdeG aos traballadores da empresa Galicia Textil en Neda e lembrou que “estamos ante un conflito laboral cuxa resolución está agora en mans da xurisdición social”.