O Grupo Popular insistirá no Pleno na esixencia para que o Goberno central encargue a construción dun BAM nos estaleiros de Navantia en Ferrol

Santiago, 16 de marzo de 2021.- O Grupo Popular insistirá no Pleno da vindeira semana na esixencia ao Goberno central o encargo da construción dun buque de acción marítima (BAM) para a Armada Española que dea carga de traballo inmediata nos estaleiros de Navantia en Ferrol. Así mesmo, solicitará ao Goberno de España a redución do IVE do 21 ao 10 por cento en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física.

Continue reading

Pazos cualifica de “escandaloso” que o PSdeG “esixa no Parlamento a mellora da Avenida Mendiño de Redondela, cando desde o Concello e o Ministerio torpedearon esta obra durante meses”

Santiago, 16 de marzo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos cualificou de “escandaloso” que os deputados socialistas “se atrevan a esixir no Parlamento a sinatura inmediata do convenio para a remodelación da Avenida Mendiño de Redondela, cando tanto o Concello como o Ministerio de Transición Ecolóxica gobernados polo PSOE torpedearon esta actuación durante meses”.

Continue reading