O Grupo Popular solicita ao Goberno central a constitución dun grupo de traballo para que a Lei da eutanasia se aplique con plenas garantías

Santiago, 23 de marzo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo solicitou hoxe ao Goberno de España “a constitución dun grupo de traballo multidisciplinar, no que participen as sociedades científicas, o Comité de Bioética de España e o Consejo General de Colegios Médicos de España, entidades todas elas coas que non se contou na fase de elaboración desta Lei, para tratar todas as cuestións que suscita a súa entrada en vigor e permitir que a súa aplicación se faga con plenitude de garantías no sistema legal e sanitario”.

Continue reading

O Grupo Popular apoia demandar á Xunta a contratación de 120 novas prazas de persoal sanitario en saúde mental neste 2021

Santiago, 23 de marzo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Pleno do Parlamento de Galicia dunha moción a través da que se solicita á Xunta desenvolver un plan de contratación de persoal sanitario en saúde mental que implique a incorporación de 120 novas prazas antes de rematar este ano. Así mesmo, pídese dotar os medios axeitados para o inicio do financiamento en 2021 dunha unidade de psicoxeriatría na área sanitaria de Ourense.

Continue reading

Miguel Tellado considera un “erro malintencionado” do BNG que pretenda facer culpable á Xunta da situación do sector naval de Ferrol ou do peche da central de As Pontes

Santiago, 23 de marzo de 2021.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, considerou hoxe no Pleno do Parlamento como un “erro malintencionado que o BNG pretenda facer culpable á Xunta da situación na que se atopa o sector naval de Ferrol ou do peche da central térmica de As Pontes, cando saben perfectamente que toda a responsabilidade é do Goberno de España”.

Continue reading

O PPdeG afirma que a Estratexia contra a soidade non desexada incidirá na prevención, detección, intervención, visibilización e cooperación

Santiago, 23 de marzo de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, incidiu hoxe no Pleno do Parlamento en que a Xunta está ultimando unha Estratexia contra a soidade non desexada, “que será presentada nos vindeiros días e que ten cinco liñas fundamentais: prevención, detección, intervención, visibilización e cooperación”.

Continue reading

O PPdeG apoia a toma en consideración da proposición de lei para evitar discriminacións nas convocatorias de I+D+i entre homes e mulleres

Santiago, 23 de marzo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento galego a toma en consideración da proposición de lei pola que se modifica do decreto 2/2015 para incluír mecanismos correctores e obxectivos nas convocatorias públicas de I+D+i para evitar a discriminación e a penalización no caso de maternidade, paternidade ou permisos temporais de embarazo, coidado de persoas dependentes ou lactación.

Continue reading