O Grupo Popular afirma que a Xunta avoga por unha política de vivenda sen intervención no mercado e con medidas que promovan o alugueiro

Santiago, 13 de abril de 2021.- A portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que, “mentres o Goberno de España vai e ven, a Xunta ten moi clara a súa política de vivenda: sen intervención no mercado, que só procuraría máis tensións e problemas; e si con medidas que promovan a posta en alugueiro de vivendas, que incrementen o parque público autonómico e municipal, e faciliten o acceso dos cidadáns, en xeral, e dos colectivos máis vulnerables, en particular, á vivenda en alugueiro”.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que en Galicia só se autorizan parques eólicos que compren todas as garantías técnicas, medioambientais e xurídicas

Santiago, 13 de abril de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que “en Galicia só se autorizan parques eólicos que compren todas as garantías técnicas, medioambientais e xurídicas que establece a lexislación vixente, ademais de ser compatibles co resto de actividades económicas”.

Continue reading