O PPdeG afirma que a iniciativa privada permite obter vacinas contra a Covid-19 en tempo récord

Santiago, 14 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo explicou hoxe no Pleno que “a iniciativa privada, ademais das colaboracións público-privadas, son as que permiten, en boa medida, que se desenvolvan proxectos a escala global para obter vacinas en tempo récord contra a Covid-19”. “Os dereitos de propiedade garanten que compañías farmacéuticas en todo o mundo se lancen á carreira incerta de investigar medicamentos, que implica grandes custes, un alto risco e remata con máis control público no que respecta á seguridade do produto”, explicou.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central un reparto xusto das axudas para autónomos e pemes que non discrimine a Galicia

Santiago, 14 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do PSdeG, a través da que se esixe ao Goberno de España máxima urxencia na tramitación e sinatura do convenio coa Xunta de Galicia para a transferencia de fondos para o reparto das axudas a autónomos e pequena e mediana empresa, ademais de facilitar os requisitos de xustificación de gastos das mesmas. Así mesmo, demándase un reparto xusto destes fondos, que non volva a prexudicar a Galicia, seguindo os criterios de financiamento autonómico e a porcentaxe de autónomos na Comunidade galega; e ampliar os sectores beneficiados para que as axudas cheguen a máis profesionais.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que a Xunta “nunca abandonou as valoracións presenciais da discapacidade”

Santiago, 14 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta “nunca abandonou as valoracións presenciais dos expedientes de discapacidade, salvo entre os meses de marzo e maio de 2020 por mor do confinamento pola pandemia da Covid-19, porque o primeiro é preservar a saúde de todos os cidadáns galegos”.

Continue reading