O Grupo Popular demandará no Pleno que o Goberno central adecúe a lexislación orgánica para evitar situacións de risco para a saúde

Santiago, 4 de maio de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España adecúe a lexislación orgánica en materia de saúde pública para afrontar a situación presente e futuras de risco grave para a saúde pública, así como que, mentres non conclúa este proceso, desista de solicitar a suspensión da normativa legal aprobada polas comunidades autónomas para facer fronte á pandemia da Covid-19.

Continue reading

Defensa de criterios favorables para o sector pesqueiro galego no BAR Brexit Adjustment Reserve (Reserva de Adaptación ao Brexit)

 

Iniciativa sobre o impulso pola Xunta de Galicia a que demande ao Goberno de España unha pronta negociación cos Estados membros de cara a obter do BAR Brexit Adjustment Reserve (Reserva de Adaptación ao Brexit), un apoio para os sectores afectados tanto directa como indirectamente polo acordo de saída do Reino Unido en materia pesqueira, e a buscar apoios e aliados entre as rexións europeas afectadas por este acordo de cara a defensa de criterios favorables para o sector pesqueiro galego neste ámbito

Continue reading