O Parlamento galego demanda ao Goberno de España que negocie o apoio da reserva de adaptación ao Brexit para o sector pesqueiro

Santiago, 5 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España unha pronta negociación cos estados membros da Unión Europea de cara a obter da reserva de adaptación ao Brexit (BAR) un apoio para os sectores afectados, tanto directa como indirectamente, polo acordo de saída do Reino Unido en materia pesqueira, así como buscar apoios e aliados entre as rexións europeas afectadas por este acordo de cara a defensa de criterios favorables para o sector pesqueiro galego.

Continue reading

O Grupo Popular apoia a apertura ao tráfico comercial do dique norte do porto de Alcoa en San Cibrao

Santiago, 5 de maio de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insiste ao Goberno central que inicie as negociacións oportunas para liberalizar e abrir ao tráfico comercial o dique norte do porto de Alcoa en San Cibrao e que proceda á creación da Autoridade Portuaria de San Cibrao, segregándoa da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

Continue reading