O Parlamento galego demanda a continuidade das obras de mellora de seguridade viaria na LU-162

Santiago, 6 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, a través da que se insta á Xunta a dar continuidade ás obras de mellora da seguridade viaria e peonil na estrada LU-162, que conecta Ferreira do Valadouro con Cangas de Foz en Lugo, en concreto impulsando á maior brevidade posible o proxecto dirixido á execución de novas beirarrúas no tramo urbano da travesía de Vilamor e a axeitada conservación e mantemento de todos os elementos da vía.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Concello de Sarria a mellora da rúa Diego Pazos

Santiago, 6 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se require ao Concello de Sarria a execución do proxecto de peonalización e mellora comercial da rúa Diego Pazos en Sarria, segundo o proxecto técnico inicialmente presentado e que conta coa pertinente autorización autonómica, e no que se recolle unha actuación integral coa execución de beirarrúas, aparcadoiros e zona de circulación, así coma servizos, iluminación e mobiliario urbano.

Continue reading

O Grupo Popular solicita a creación dun observatorio con todos os axentes implicados para impulsar a eólica ‘offshore’

Santiago, 6 de maio de 2021.- O Grupo Popular rexistrou hoxe no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei a través da que se empraza á Xunta a constituír un observatorio para impulsar a eólica mariña na Comunidade galega. O texto definitivo foi avaliado nunha xuntanza que previamente mantiveron o vicevoceiro do grupo parlamentario e responsable da área de Industria, Miguel Tellado, e a portavoz do Mar, Teresa Egerique, co vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Continue reading

O Parlamento pide á Administración do Estado accións xudiciais para defender a titularidade pública dos bens mobles do Pazo de Meirás

Santiago, 5 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, que foi transaccionada entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se demanda á Administración Xeral do Estado que se interpoñan as accións xudiciais pertinentes para defender a titularidade pública dos bens mobles que deben formar parte do ben de interese cultural Torres de Meirás, que son necesarios para explicar a súa historia, que son parte integrante e inseparable do conxunto, e que son de titularidade ou de dominio público. Así mesmo, solicítase que a Xunta actúe como parte coadxuvante nos procedementos xudiciais que se interpoñan pola Administración do Estado.

Continue reading