Pedro Puy lamenta que o BNG queira traer a Galicia a política de división e de enfrontamento de Cataluña

Santiago, 14 de xuño de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe “por unha recuperación dos consensos e de superación da división que hai en Cataluña”, porque “cremos que a propia historia da democracia española marca unha ruta da pacificación social correcta, que é a aplicación do Estado de Dereito, da Constitución e do ordenamento xurídico vixente”.

Continue reading

Pedro Puy sitúa o ditame da Comisión de Reactivación como “acelerador dos cambios en Galicia”

Santiago, 12 de xuño de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, presentou esta mañá no Parlamento galego a proposta de ditame elaborada para a Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19. “Estamos a falar dun documento con máis de 400 epígrafes a longo dos que propoñemos medidas para que a crise da Covid-19 sirva como acelerador de cambios en Galicia a través da dixitalización, a innovación, a sostenibilidade e a inclusión”, concretou.

Continue reading

O Parlamento demanda a mellora das instalacións dos mercados de gando de Galicia autorizados para intercambios intracomunitarios

Santiago, 11 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a implantar un programa de actuacións para mellorar, modernizar e adaptar as instalacións dos mercados de gando de Galicia autorizados como centros de concentración para intercambios intracomunitarios, con énfase no referente ao benestar animal.

Continue reading