O Parlamento galego apoia o levantamento do embargo a Cuba e a dotación de xiringas para a vacinación contra a Covid-19

Santiago, 16 de xuño de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se amosa o apoio ao levantamento do embargo político, económico, comercial e financeiro que o Goberno dos Estados Unidos mantén contra Cuba, ao tempo que se apoia a campaña de solidariedade internacional destinada á adquisición de xiringas para vacinación contra a Covid-19.

Continue reading

O Grupo Popular leva ao vindeiro Pleno o debate de totalidade da proposición de lei de violencia de xénero dixital

Santiago, 15 de xuño de 2021.- O Grupo Popular introduciu na orde do día do Pleno do Parlamento galego da vindeira semana a toma en consideración da proposición de lei para o recoñecemento da violencia de xénero dixital. Así mesmo, demandará ao Goberno central, a través de sendas proposicións non de lei, que respecte os pactos sucesorios en vida recoñecidos no Dereito Civil galego e que abandone a súa intención de instalar proxectos eólicos fóra das áreas definidas no Plan Sectorial Eólico vixente en Galicia.

Continue reading