Aprobado o ditame do proxecto de lei da Universidad Intercontinental da Empresa, paso previo para a súa aprobación definitiva en Pleno

Santiago, 25 de xuño de 2021.- A Comisión 4ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de lei de recoñecemento da universidade privada “Universidad Intercontinental de la Empresa”, co que esta iniciativa lexislativa queda pendente da súa aprobación definitiva en Pleno. O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, lamentou “o razoamento ideolóxico” das as emendas presentadas por BNG e PSdeG, polo que demandou respectar a libre competencia dos operadores privados no ámbito da educación superior, do mesmo xeito que acontece na gran maioría das comunidades autónomas españolas.

Continue reading

O PPdeG demanda no Parlamento que o Concello de Monforte dialogue para solucionar o conflito laboral do Conservatorio de Música

Santiago, 25 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias insistiu hoxe no Parlamento galego en que o Concello de Monforte inicie un proceso de diálogo dirixido a reconducir a situación do conflito laboral que mantén co equipo de profesores do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez e garanta, á maior brevidade, o bo funcionamento interno deste cento.

Continue reading

O PPdeG afirma que a Consellería de Educación xa traballa na elaboración da proposta de regulamentos orgánicos dos centros de ensino

Santiago, 25 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez afirmou hoxe no Parlamento galego que a Consellería de Educación xa activou grupos de traballo con representantes da comunidade educativa para a elaboración dunha proposta de regulamentos orgánicos para centros de educación infantil e primaria, centros públicos integrados e institutos de educación secundaria, así como das ordes que os desenvolverán.

Continue reading

O PPdeG afirma que a Xunta baseará os novos traballos de posta en valor da Torre de Caldaloba en Cospeito nos estudos que realizará este ano

Santiago, 25 de xuño de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Luis Ferro afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta iniciará este mesmo ano traballos arqueolóxicos para o estudo e documentación da Torre de Caldaloba en Cospeito (Lugo), co obxectivo de realizar no futuro novas intervencións de posta en valor e consolidación deste ben de interese cultural. Ao mesmo tempo, manifestou que o Concello está a negociar cos propietarios un acordo para que este ben pase a mans públicas.

Continue reading

O Parlamento demanda a transferencia das competencias en materia de saúde penitenciaria á Xunta

Santiago, 24 de xuño de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central o traspaso das competencias en materia de saúde penitenciaria á Xunta para a súa asunción polo Servizo Galego de Saúde, acompañada dos medios humanos, económicos e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo, así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co Sergas.

Continue reading

O Parlamento galego demanda manter nesta campaña 2021 as axudas excepcionais ao financiamento operativo das adegas de viño

Santiago, 24 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia para que manteña nesta campaña 2021 as axudas excepcionais ao financiamento operativo das adegas de elaboración de viño. Así mesmo, a deputada popular Raquel Arias avanzou que “solicitaremos á Xunta que regule mecanismos de apoio aos viticultores afectados por fenómenos climatolóxicos adversos”.

Continue reading