O Parlamento galego demanda ao Goberno central que respecte a decisión dos xuíces e non utilice a figura do indulto con fins partidistas

Santiago, 1 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se expresa o respaldo absoluto á Constitución, o Estatuto de Autonomía e ao resto do ordenamento xurídico como garantes do estado de dereito e da democracia no noso país; se apoia o labor que realizan os diferentes tribunais de xustiza, con especial mención ao Tribunal Supremo; e se insta ao Goberno de España a respectar as decisións dos xuíces, non utilizando a figura do indulto con fins partidistas, para beneficiar a aqueles que vulneraron a Constitución e cometeron múltiples delitos nos que, como manifestaron publicamente, pretenden reincidir.

Continue reading

O Grupo Popular critica que o BNG “utilice a memoria histórica para poñer en dúbida as institucións, a calidade democrática e a transición”

Santiago, 1 de xullo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que o BNG “utilice as políticas de memoria histórica como ferramenta partidista para poñer en dúbida a lexitimidade democrática das institucións, para cuestionar a calidade democrática ou para deslexitimar o proceso de transición democrática”.

Continue reading