O Grupo Popular demanda que a Xunta apoie ao sector do videoxogo

Santiago, 7 de xullo de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Luís Ferro insistiu hoxe no Parlamento galego, do mesmo xeito que se recolle no ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19, que a Xunta apoie ao sector do videoxogo para aproveitar as posibilidades de impacto económico e establecer sinerxias entre os creadores galegos e os profesionais implicados no desenvolvemento tecnolóxico.

Continue reading

O Grupo Popular lembra a competencia e liberdade dos concellos para crear e xestionar os conservatorios e escolas de música

Santiago, 7 de xullo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez lembrou hoxe no Parlamento galego que “os concellos teñen competencia e liberdade para crear e xestionar os conservatorios e as escolas de música”, polo que subliñou que “tanto desde o PPdeG como desde a Xunta respectamos e respectaremos sempre a iniciativa dos concellos que, desde a súa competencia e liberdade, queiran ofertar á veciñanza ensinanzas musicais”.

Continue reading

O Grupo Popular demandará no Pleno ao Goberno central que retire o recurso de inconstitucionalidade á reforma da Lei de saúde galega

Santiago, 6 de xullo de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central retire o recurso interposto ante o Tribunal Constitucional contra a reforma da Lei de saúde de Galicia que incorpora medidas para loitar contra a Covid-19, xa que considera un agravio comparativo que estas mesmas accións foran aprobadas por Decreto-Lei polo Goberno de Baleares sen que o Goberno central teña adoptado decisión algunha ao respecto.

Continue reading

O Parlamento galego solicita ao Goberno central que retire o recurso presentado contra o Plan Xeral de Explotación Marisqueira 2021-2023

Santiago, 6 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno central para que retire, de xeito inmediato, o recurso contencioso-administrativo presentado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico dirixido a derrogar o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023.

Continue reading