Pedro Puy salienta que a aprobación do teito de gasto para 2022 é “unha mostra máis da normalidade democrática que vivimos en Galicia”

Santiago, 3 de agosto de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o teito de gasto da Xunta de Galicia para 2022, aprobado hoxe polo Pleno do Parlamento galego, é “realista, prudente e axustado a todas as previsións autonómicas, nacionais e internacionais; e unha mostra da normalidade democrática que vivimos en Galicia, algo que creemos que é importante no momento político que está a vivir España”. Neste sentido, afirmou que “expansión non é só investir máis, senón tamén baixar impostos, como o están a facer en Europa”.

Continue reading