O PPdeG rexistra a petición de máis examinadores de Tráfico para que cese o colapso e listas de agarda en Galicia

Santiago, 20 de agosto de 2021- O Grupo Parlamentario Popular ven de rexistrar hoxe no Parlamento unha iniciativa encamiñada a solicitar ao Goberno de España que convoque de xeito urxente un proceso selectivo que permita cubrir as prazas de examinadores de Tráfico vacantes na Comunidade Autónoma de Galicia, para atender as graves carencias de persoal que sofren as catro Xefaturas Provinciais de Tráfico galegas.

Continue reading