O Parlamento galego demanda incluír ao sector naval entre os sectores promocionables das axudas rexionais

Santiago, 1 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do Grupo Socialista, a través da que se solicita ao Goberno de España que impulse ante a Comisión Europea a modificación do Real-Decreto de delimitación da zona de promoción económica para Galicia, de xeito que se inclúa o naval entre os sectores promocionables conforme á normativa de axudas rexionais.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central a urxente solución ao incremento de potencia das embarcacións de marisqueo

Santiago, 30 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a urxente aprobación do Real Decreto de Ordenación Pesqueira de cara a regular de xeito rápido a creación dunha lista específica de embarcacións co obxectivo de dar solución ao procedemento de adecuación das disposicións normativas sobre a potencia ou arqueo das embarcacións que faenan a marisqueo ou recursos específicos.

Continue reading