O Parlamento galego demanda ampliar os PACs que contan con espazo para o funcionamento dos helicópteros do 061

Santiago, 20 de xaneiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei a través da que se solicita ampliar os puntos de atención continuada (PAC) que conten cunha superficie axeitada para facilitar o traslado de pacientes a centros hospitalarios a través dos dous helicópteros cos que conta o 061, solicitando a colaboración dos concellos que facilitarán a dispoñibilidade de terreos de ser preciso.

Continue reading

O Grupo Popular avoga pola reforma da Lei de inclusión social neste 2022 para adaptala ao ingreso mínimo vital

Santiago, 20 de xaneiro de 2022.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, avogou hoxe por avanzar na modificación da Lei de inclusión social de Galicia para adaptala ao ingreso mínimo vital, co obxectivo de que esta reforma sexa aprobada ao longo do presente ano 2022. Así mesmo, insistiu na demanda ao Goberno central para que proceda á transferencia á Comunidade galega da xestión do ingreso mínimo vital (IMV).

Continue reading

Solicitud ao Goberno central e Alcoa da reactivación da planta de San Cibrao e un marco enerxético competitivo

Desde o Grupo Parlamentario Popular entendemos que a paralización da produción de aluminio primario na planta de Alcoa San Cibrao durante dous anos non é boa noticia para a Mariña de Lugo, e evidencia as consecuencias dunha política enerxética do Goberno de España totalmente equivocada, que está xerando o desmantelamento de tecido industrial e empresarial, afectando de maneira especial a Galicia e a determinadas comarcas, como esta, polo peso específico que teñen na economía e no emprego as grandes empresas electrointensivas.

Continue reading

Ampliación do programa de apoio ao Xacobeo mediante a extensión das desgravacions fiscais ata o 31 de decembro de 2023

O Xacobeo 21·22 debe ser un poderoso motor de recuperación socioeconómica para Galicia que aproveite os recursos de cada lugar para achegar riqueza a todo o territorio. Todo isto, impulsando a cohesión e primando a sustentabilidade, a excelencia, a calidade e a diversidade de públicos, factores que xa veñen caracterizando ao turismo galego dos últimos anos.

Continue reading