O Parlamento pide ao Goberno central medidas de revisión de prezos para garantir a viabilidade das obras públicas ante a falta de materiais

Santiago, 24 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que, con urxencia, adopte os cambios normativos pertinentes e habilite medidas de revisión de prezos extraordinaria para os contratos, de xeito que se garanta a viabilidade das obras públicas ante a actual crise de prezos e de abastecemento de materiais, para garantir a execución de infraestruturas esenciais, protexer o emprego e evitar poñer en risco os fondos europeos extraordinarios destinados á recuperación económica, que deben executarse nun tempo limitado.

Continue reading

O Parlamento galego reitera ao Goberno central unha solución para permitir o paso de camións con palas eólicas polo viaduto do Castro na A-6

Santiago, 24 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se reitera ao Goberno central a súa implicación para solucionar o prexuízo económico que está a ocasionar no porto de Ferrol, en concreto, e en Galicia, en xeral, as restricións de circulación para certos transportes especiais no viaduto do Castro da A-6, nomeadamente, con relación ao transporte de palas e torres eólicas que a data de hoxe se sigue negando.

Continue reading

Novo plan de apoio as persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas cos fondos estatais non executados dos 3º e 4º plans de rescate

 

Iniciativa sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que os fondos estatais que non puideron ser executados ao abeiro do 3º e 4º plans de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da covid-19 poidan ser destinados a un novo plan de apoio para o ano 2022

Continue reading

O PPdeG pide ao Concello de Muras que remita con urxencia a documentación solicitada para desbloquear a construción do parque empresarial de Muras

Santiago, 24 de febreiro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Concello de Muras remita con urxencia a documentación solicitada hai dous meses pola Xunta de Galicia de xeito que se poida desbloquear e axilizar a construción do polígono industrial neste municipio lucense.

Continue reading